Empanada de polo / Empanada de pollo

Fixen esta empanada só con peituga de polo e a verdade é que tiña un pouco de medo a que quedase moi seca, pero debo dicir que estaba moi xugosa e sabrosa. O segredo: maceirar o polo un día enteiro.

Ingredentes para o recheo: 800 gr. de peituga de polo, 200 gr. de cebola, allo moído, 3 dentes de allo, pirixel picado, 1 pemento encarnado, viño branco, salsa de soxa, 100 gr. aceite de oliva virxe extra

Ingredentes para a masa: 50 gr. de auga, 50 gr. de aceite de oliva virxe extra, 50 gr. de viño branco, 90 gr. de manteiga de poco, 1 ovo, 30 gr. de levedura fresca prensada, 450 gr. de fariña de forza, 1 culler de sal e 1 ovo para decorar

1. Cortar as peitugas en dados poñelo nun recipiente con viño branco, un chorro de salsa de soxa, allo moído, pirixel picado e un pouco de sal

2. Deixar maceirar toda a noite

3. Para preparar a masa eu esta vez usei a receita básica do libro da thermomix:

http://www.recetario.es/receta/1572/masa-para-empanadas.html

4. Preparación do recheo: Poñer na thermomix 100 gr. de aceite de oliva e cociñar 5 min. a temperatura Varoma, velocidade 1

5. Engadir as peitugas xa maceiradas e cociñar 5 min., temperatura Varoma, velocidade culler, xiro á esquerda

6. Reservar o polo e poñer no vaso a cebola, os 3 dentes de allo e o pemento e picar 4 segundos a velocidade 5

7. Engadir as peitugas e cociñar 10 m. a temperatura Varoma, vecolidade culler, xiro á esquerda

8. Deixar enfriar un pouco o recheo antes de preparar a empanada

9. Estirar a masa, poñer o recheo, tapar a masa e decorar ó gusto. Finalmente pintala co ovo batido. Cociñar no forno uns 40 min. a 200º

Hice esta empanada sólo con pechuga de pollo y la verdad es que tenía un poco de miedo de que quedase muy seca, pero debo decir que estaba muy jugosa y sabrosa. El secreto: macerar el pollo un día entero.

Ingredientes para el relleno: 800 gr. de pechuga de pollo, 200 gr. de cebolla, ajo molido, 3 dientes de ajo, perejil picado, 1 pimiento rojo, vino blanco, salsa de soja, 100 gr. aceite de oliva virgen extra

Ingredientes para la masa: 50 gr. de agua, 50 gr. de aceite de oliva virgen extra, 50 gr. de vino blanco, 90 gr. de manteca de cerdo, 1 huevo, 30 gr. de levadura fresca prensada, 450 gr. de harina de fuerza, 1 cucharada de sal y 1 huevo para decorar

1. Cortar las pechugas en dados, ponerlo en un recipiente con vino blanco, un chorro de salsa de soja, ajo molido, perejil picado y un poco de sal

2. Dejar macerar toda la noche

3. Para preparar la masa esta vez he usado la receta básica del libro de la thermomix:

http://www.recetario.es/receta/1572/masa-para-empanadas.html

4. Preparación del relleno: Poner en la thermomix 100 gr. de aceite de oliva y cocinar 5 min. a temperatura Varoma, velocidad 1

5. Añadir las pechugas ya maceradas y cocinar 5 min., temperatura Varoma, velocidad cuchara, giro a la izquierda

6. Reservar el pollo y poner en el vaso la cebolla, los 3 dientes de ajo y el pimiento y picar 4 segundos a velocidad 5

7. Añadir las pechugas y cocinar 10 min. a temperatura Varoma, velocidad cuchara, giro a la izquierda

8. Dejar enfriar un poco el relleno antes de preparar la empanada

9. Estirar la masa, poner el relleno, tapar la masa y decorar al gusto. Finalmente pintarla con huevo batido. Cocinar en el horno unos 40 min. a 200º

Advertisements
Galería | Esta entrada foi publicada en Receitas / Rezepte / Recipes. Ligazón permanente.

3 Responses to Empanada de polo / Empanada de pollo

  1. Poti di:

    Unha pintaza Iria,..a os que estamos inda no paleolítico na cociña tendo como tecnoloxía punta nas nosas instalacions unha culler de madeira e iso da thermomix parécenos saído da serie de Buck Rogers, algunha suxerencia para face-la masa?,…porque como poda facela a metade de ben do que parece na foto, falo con Vanesa e te adoptamos,…e voume cear, porque de ver o estou a ver,..teño o estómago que os veciños van pensar que está a vivir connosco o león de Angel Cristo. Un bico

    • ibaltasar di:

      ¡Poti! Gracias polo teu comentario 😀 Xa me botou a bronca hoxe Patri porque teño o blog mooooooooi abandonado… A verdade é que ten toda a razón do mundo…
      Eu estou súper a favor da adopción. É máis, creo que vos resultaría máis sinxelo se entre todos me poñedes un piso en Vigo, Pontevedra ou arredores. Prometo darvos ben de comer e cear a cambio.
      ¿Non é unha boa idea? He, he, he… Sobre a masa. Debo dicir que eu adoro a thermomix principalmente porque xa non amaso a man, algo que non me gusta demasiado… Eu recoméndoche que uses fariña de forza, levo fresco de panadería e que escollas moi ben a superficie na que vas amasar. Receitas hai un millón e trucos tamén. Eu teño probado a masa con cervexa, viño branco… E a verdade é que todas saen ricas. Moi importante que amases nun sitio quentiño e ás veces para que leve ben a masa eu encende un minuto a vitro e despois deixo repousar a masa enriba ben tapada cun pano. Vou buscar algunha das receitas que eu usaba cando amasaba a man. Outra cousa que che digo é que se a masa non sae ben podes comer o recheo con arroz branco. ¡Está boísimo! Eu unha vez fixera recheo de máis, conxeleino e un día que non tiña nada para comer desconxeleino e servino só co arroz… Estaba de escándalo. A ver cando vides todos por Mandril unha fin de semana e vos preparo unha cea en condicións… Dille a Vanesa que vaia informándose para o tema da adopción ;-D ¡Bicos!

  2. Poti di:

    Hoooola!, tomo nota das recomendacións, xa che contarei como saiu o experimento, vou movendo os papeis da adopción a espera de sobrevivir a xornada gastronómica-cinéfila no “Chateau du Paco et Patri”, xa estou preparandolo todo, o viño corre da miña conta,…e a sal de frutas tamén, levo a chapa de identificación, o número de urxencias e as últimas vontades no peto, así que podes despregar todo o teu arsenal,…sen piedade,…quen dixo medo!. Polo tema da masa da empanada non te apures, só que non a quería facer de “hojaldre”, ..ah!, por certo, conta comigo como “pinche/escanciador/pela-allos/bufón” para preparar ese día as viandas, a ver se dou aprendido algo e estorbado pouco. Nada máis por agora, para o que queras, Poti, un admirador, un amigo, un escravo, un servo…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s