Undertow aka Contracorriente

O único bo de pasar horas e horas e máis horas metida nun avión é que te ceban periodicamente e que podes ver películas e máis películas. Eu voei con KLM e debo dicir que alucinei coa súa selección de cine pois un podía escoller dende as películas máis comerciais (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) ata películas que foron premio en Sundance.

Vin tantas películas na viaxe que creo que teño como para dez publicacións aproximadamente…

Unha das primeiras películas que vin foi a colombo-peruana Contracorriente.

A historia xira en torno a tres persoas: Miguel un pescador do norte do Perú, Mariela esposa de Miguel, e Santiago un pintor da capital.

Miguel e a súa muller viven felices no pobo e están a esperar o seu primeiro fillo. Santiago vén dunha familia adiñeirada e leva pouco tempo vivindo no pobo, no que non é moi popular porque é homosexual recoñecido e agnóstico.

Ata aquí todo parece normal, ¿non? Ben, pois resulta que Miguel e Santiago están namorados e viven un romance segredo.

E a historia aínda se complica máis cando Santiago morre afogado e aparéceselle a Miguel, quen debe atopar o seu corpo no mar para que el poda descansar en paz.

Unha película deliciosa que combina realismo máxico, tradicións, machismo, intolerancia e reivindica a liberdade sexual todo ó mesmo tempo sen desentoar e cunhas praias deliciosas que fai que un añore o mar.

Totalmente recomendable.

 

Lo único bueno de pasar horas y horas y más horas metida en un avión es que te ceban periódicamente y que puedes ver películas y más películas. Yo volé con KLM y debo decir que aluciné con su selección de cine pues uno podía escoger desde las películas más comerciales (Pirates of the Caribbean: On Stranger Tides) hasta películas que fueron premio en Sundance. 

He visto tantas películas en el viaje que creo que tengo como para diez publicaciones aproximadamente…

Una de las primeras películas que vi fue la colombo-peruana Contracorriente

La historia gira en torno a tres personas: Miguel un pescador del norte del Perú, Mariela esposa de Miguel, y Santiago un pintor de la capital.

Miguel y su mujer viven felices en el pueblo y están esperando su primer hijo. Santiago viene de una familia adinerada y lleva poco tiempo viviendo en el pueblo, en el que no es muy popular porque es homosexual reconocido y agnóstico.

Hasta aquí todo parece normal, ¿no? Bien, pues resulta que Miguel y Santiago están enamorados y viven un romance secreto. 

Y la historia todavía se complica más cuando Santiago muere ahogado y se le aparece a Miguel, quien debe encontrar su cuerpo en el mar para que él pueda descansar en paz. 

Una película deliciosa que combina realismo mágico, tradiciones, machismo, intolerancia y reivindica la libertad sexual, todo al mismo tiempo sin desentonar y con unas playas deliciosas que hacen que uno añore el mar.

Totalmente recomendable. 

Advertisements
Galería | Esta entrada foi publicada en Cine / Kino / Cinema. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s